Comunidade de Usuarios Tortoreos-Liñares

A Comunidade de Usuarios Tortoreos-Liñares é unha entidade de dereito público encargada da xestión e abastecemento de auga potable ás parroquias de Tortoreos e Liñares, no concello das Neves.

Conta con expediente aprobado e inscrito no organismo de conca Confederación Hidrográfica Miño-Sil, que garante o marco legal e técnico para o seu funcionamento.

O nacemento desta comunidade débese ao esforzo e visión dos primeiros comuneros, que souberon asociarse para captar, conducir e distribuír a auga, construíndo as infraestruturas necesarias co seu propio traballo e recursos. Grazas á súa constancia, hoxe dispoñemos dun servizo esencial, sostido no tempo mediante a colaboración activa dos usuarios.

A Comunidade continúa a desenvolver a súa labor coa mesma filosofía: asegurar un abastecemento seguro, responsable e solidario, preservando a calidade da auga e fomentando o uso eficiente deste recurso compartido.

Contacte connosco!!

É usuario da comunidade?

Contacte connosco!!

Grazas por enviarnos o correo, contestarémoslle canto antes!!