Dia Mundial da auga
- Detalles
- Categoría: Nov@s
Con motivo do Día Mundial da Auga, desde a Comunidade de Usuarios Tortoreos-Liñares queremos poñer en valor o traballo que hai detrás dun recurso esencial para o noso día a día.
Este ano, a campaña internacional céntrase na relación entre a auga e a igualdade, destacando o papel fundamental das mulleres na súa xestión e no acceso a este recurso.
Como sinalan distintos organismos e publicacións especializadas, cando as mulleres participan en igualdade na gobernanza da auga, os servizos resultan máis inclusivos, máis sostibles e máis eficaces.
A nosa traída é o resultado do esforzo colectivo de xeracións de veciños e veciñas que fixeron posible que a auga chegue a cada fogar.
Neste camiño, moitas mulleres tiveron e teñen un papel clave na organización e funcionamento da comunidade.
Un labor constante, discreto e imprescindible.
Porque a auga non é só un recurso é compromiso, responsabilidade e comunidade
Reunión coa veciñanza para explicar os contadores de telelectura en Reguengo-Silvares
- Detalles
- Categoría: AVISOS
O sábado 21 de febreiro de 2026 ás 17:00 horas, a Xunta Directiva desprazarase á zona de Reguengo-Silvares para explicar o funcionamento dos novos contadores con telelectura instalados grazas á subvención de Augas de Galicia 2025.
Ler máis: Reunión coa veciñanza para explicar os contadores de telelectura en Reguengo-Silvares
PREMIOS +AQUA 2025
- Detalles
- Categoría: Nov@s

Concesión Premios + Aqua 2025
Este luns, a Xunta Directiva vén de recoller o Primeiro Premio en Innovación concedido pola Deputación no marco dos Premios +AQUA 2025.
Este recoñecemento non é só para a Xunta Directiva, senón para toda a Comunidade. É un premio ao esforzo colectivo, á constancia e ao compromiso de tódolos veciños e veciñas que, ao longo dos anos, fixeron posible que a auga chegase ás casas de Tortoreos e Liñares.
É tamén unha homenaxe a todas as persoas que, desde o inicio, traballaron para que a traída fose unha realidade: ás que abriron camiños, ás que colocaron tubaxes, ás que asumiron responsabilidades e ás que continúan colaborando para mellorar e modernizar o servizo.
Augas de Galicia convoca axudas para comunidades de usuarios (DOG 2026)
- Detalles
- Categoría: Nov@s
A Xunta de Galicia, a través de Augas de Galicia, publicou no Diario Oficial de Galicia (DOG) a convocatoria de axudas dirixidas ás comunidades de usuarios para a mellora das instalacións de abastecemento de auga.
Desde a Comunidade de Usuarios Tortoreos-Liñares compartimos esta información por se pode resultar de interese para outras traídas.
Plan +Aqua e +Novaqua 2026: publicadas as bases no BOPPO
- Detalles
- Categoría: Nov@s
A Deputación de Pontevedra publicou no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) as bases reguladoras das subvencións 2026 do Plan +Aqua e +Novaqua, destinadas á mellora das infraestruturas de abastecemento e saneamento e á modernización das redes.
A Comunidade de Usuarios Tortoreos-Liñares (CUTL) comparte esta información por se pode resultar de interese para outras comunidades de auga.
Ler máis: Plan +Aqua e +Novaqua 2026: publicadas as bases no BOPPO



