Noticias CUTL

 Detalles do evento

📅 Data: Martes, 16 de setembro de 2025
🕘 Horario: 9:30 a 13:30 h
📍 Lugar: Teatro Principal de Pontevedra (Rúa Paio Gómez Charino, 6 – 36002 Pontevedra)

Na actualidade, se queres comunicarte coa Administración e non existe un procedemento específico habilitado, podes empregar o Rexistro Electrónico Xeral (REG-AGE).

Este rexistro serve para presentar escritos, solicitudes ou comunicacións a calquera órgano da Administración Xeral do Estado.

 

 

 

O vindeiro Sábado 28 de xuño celebrase Asemblea de COXAPO. Deixamosvos a convocatoria e máis instruccions para chegar o lugar onde terá lugar.

 

 

A convocatoria das Asembleas Xerais das Comunidades de Usuarios regúlase no artigo 218 do Real Decreto 849/1986, de 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do Dominio Público Hidráulico (RDPH).

Este artigo foi reformado polo Real Decreto 665/2023, de 18 de xullo (BOE do 31 de agosto), introducindo dous cambios principais:

1. Supresión da notificación persoal aos usuarios. Antes prevíase para casos de reforma de estatutos ou asuntos de especial relevancia, mais agora xa non é obrigatoria.
2. Cambio do medio de publicación: a convocatoria xa non debe publicarse no Boletín Oficial da Provincia nin no taboleiro do concello, senón directamente no Boletín Oficial do Estado (BOE).

 

Subvención Augas de Galicia 2025

Subvencións para traídas de auga en Galicia 2025: Augas de Galicia convoca axudas de ata o 80 % do investimento (máx. 15.000 €) para mellorar captacións, depósitos e contadores das comunidades de usuarios. O prazo de solicitude remata o 24 de marzo de 2025.

Subcategorías

Contacte connosco!!

É usuario da comunidade?

Contacte connosco!!

Grazas por enviarnos o correo, contestarémoslle canto antes!!